No acto estivo presente o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar
A agrupación local de Novas Xeracións do Partido Popular da Bola elexíu onte pola tarde a Lorena Pereira Pardos (A Bola, 1994) como presidenta, nun congreso no que estivo presente o presidente provincial do Partido Popular, Manuel Baltar, quen afirmou que "para a política non hai idade e os mozos están a demostralo poñendo hoxe en marcha a agrupación da nosa organizacion xuvenil no concello de A Bola".
Manuel Baltar loubou o paso adiante dado por Lorena Pereira, "como exemplo de compromiso e de madurez política, ofrecéndose a traballar polo benestar dos mozos do seu concello e arrimar o ombreiro cara a próxima cita electoral". Con este congreso en A Bola, Novas Xeracións do PP puxeron en marcha un proceso de renovación e constitución de xuntas locais en toda a provincia.
Na súa primeira intervención como presidenta das Novas Xeracións da Bola, Lorena Pereira comprometeuse "para estar á altura da confianza depositada en min polos compañeiros da xunta local e afirmou, así mesmo, que as liñas de actuación do seu proxecto pasan por "traballar polos mozos da Bola, contando coa súa opinión e suxestións".