O PP de Pontedeva, coa pervivencia do Concello

<p></p>

Baltar reiterou o seu compromiso cos pequenos concellos, "esenciais para combater o despoboamento do rural e garantes dos servizos públicos esenciais para os seus veciños

O Partido Popular de Pontedeva amosou onte o seu compromiso coa pervivencia do Concello, un reto que alcanzará coa procura de mais emprego e mellores servizos. Así o puxo de manifesto onte Juan Carlos González Carbajale, que foi elexido presidente da Xunta Local do PP no congreso que celebrou a formación política..

Durante a súa intervención como presidente do PP local, Carbajales agradeceu o apoio recibido, que supón un respaldo ao "ao labor que estamos a facer, no que a máxima prioridade é loitar pola pervivencia do noso Concello", e situou ó polígono de Trazo como o eixo do seu proxecto municipal.

O presidente provincial, Manuel Baltar, recolleu na clausura do congreso as palabras de González Carbajales para subliñar que "os gobernos se fan desde os partidos e non ao revés, "e por iso os gobernos do PP na nosa provincia teñen tanta fortaleza". Baltar reiterou o seu compromiso cos pequenos concellos, "esenciais para combater o despoboamento do rural e garantes dos servizos públicos esenciais para os seus veciños.

Te puede interesar