O escritor Xosé Manuel Lobato presentará o próximo día 8 de maio na Feira do Libro de Santiago a súa nova obra 'Retorno a natura', na que denuncia a destrución da paisaxe galega.
Segundo explicou Alvarellos Editora, esta obra trata de ser unha chamada última para salvar a paisaxe galega que afonda nun berro contra a destrución do ámbito e un clamor con raios de esperanza para soñar cun futuro de apego coa terra.
Nesta liña discorren as 36 críticas en prosa poética que compoñen a obra. Nas súas páxinas, Lobato percorre diferentes enclaves únicos de Galicia que viven baixo ameaza, tales como Corrubedo, as beiras do Sar, O Caurel, Cortegada, Baroña, Cabo Vilán, a catarata do Xallas e Punta Nariga, entre outros.