O BNG presenta un plan de retorno da mocidade

<p></p>
photo_camera Noa Presas y Ana Pontón, durante a conversa virtual con rapaces galegos emigrados.

"Galicia necesita emprego e salarios dignos", explicou Ana Pontón

A candidata á presidencia da Xunta de Galiza, Ana Pontón, e a cabeza de lista por Ourense, Noa Presas, mantiveron onte un encontro virtual na 'Molinera' con mozos galegos emigrados en Dubai, Irlanda, Madrid, Ecuador, Noruega, Alemaña, Suíza e Barcelona.

No transcurso da conversa, a candidata nacionalista presentou o Plan Retorna, unha proposta que, dixo, está destinada a "reter o talento pero tamén para dar unha oportunidade de volver a toda esa xente que se viu obrigada a marchar pola falta de emprego e as malas condicións".

Avanzando neste plan, que estaría financiado a través do 1% do orzamento anual da Xunta ata chegar a uns 90 millóns, Pontón explicou que está pensado para "financiar a contratación de persoal investigador, tecnólogo e impulsar a contratación en sectores estratéxicos, ademais de ofrecer unha oportunidade a persoas con vocación emprendedora para poder poder materializar os seus proxectos empresariais en Galiza".

Emprego e oportunidades

Si realmente queremos saír adiante, recalcou a candidata do BNG, "necesitamos que en Galicia haxa emprego digno,oportunidades e condicións salariais que permitan ás persoas chegar a fin de mes".

A candidata salientou que na actualidade hai mozos galegos polo mundo cunha magnífica formación que "queren volver a Galiza pero teñen un goberno que non quere escoitar esa demanda". Nós, afirmou Pontón, queremos ser "aliados e aliadas da xente que vive en Galiza para que teña condicións dignas e que ás persoas que marcharon teñan a oportunidade de retornar”. Os galegos e galegas xa demostramos ser un pobo con capacidade e espírito pero agora temos que dar un salto para que todo ese talento, o coñecemento e o bo facer en troques de ser útil en Alemaña, Suíza ou Ecuador, “ volva a traballar con nós, cóbado con cóbado".

Pontón e Presas reivindicaron que "o BNG é o que pode abrir un tempo novo en Galiza o 25-S".

Te puede interesar
Más en Elecciones 25-S