TEMPORAL NEVE

O temporal de neve en Barajas causa atrasos nos voos a Galicia

636534361860787620m
photo_camera Fotografía facilitada por Iberia del aeropuerto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, donde el temporal ha obligado a cerrar dos de las cuatro pistas para limpiarlas de nieve y se prevé que vuelvan a estar operativos antes de las 14.00.

Os tres aeroportos galegos sufriron ao longo do día atrasos que van desde a media hora até case dúas horas por mor dos problemas na capital española

O temporal de neve que afecta o Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, que obrigou a manter pechadas durante unhas horas dúas das súas pistas, causou diversos atrasos nos voos a Galicia.

Así, os tres aeroportos galegos sufriron ao longo do día atrasos que van desde a media hora até case dúas horas por mor dos problemas na capital española.

En concreto, durante a xornada deste luns, o aeroporto de Santiago rexistrou un pequeno atraso na chegada do voo Ryanair da mañá. A ligazón Lavacolla-Madrid das 13,30 horas, operado por Iberia Express, saíu con 40 minutos de atraso.

Do mesmo xeito, na Coruña chegou con hora e vinte de atraso o voo de Air Europa proveniente de Madrid, que rexistra tamén atrasos no seu regreso. Do mesmo xeito, atrasouse case unha hora o voo de Iberia das 12,00 horas desde Alvedro a Barajas. No aeroporto da Coruña produciuse, ademais, unha cancelación, a da ligazón coa capital das 15,45 e o seu regreso ás 17,40 horas, operado por Iberia.

Finamente, en Vigo tamén se produciron distintos atrasos no voo Iberia de Madrid, que despegou con máis de dúas horas de atraso, e na ligazón de ida e volta de Air Europa do mediodía, cun atraso de media hora.

Peche de pistas

O aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas xa opera co seu catro pistas abertas após ter que pechar dúas por labores preventivos de limpeza desde o mediodía até as 14 horas, co fin de evitar acumulación de neve.

Ás 14.15 horas, o aeródromo madrileño operaba con tres pistas e estaba espaciando os voos programados por seguridade, o que podía xerar atrasos. No entanto, recentemente o aeroporto reabriu a súa cuarta pista, co que ten todas operativas.

Á parte, un total de 25 voos tiveron que ser cancelados no aeroporto por mor da nevada que sofre a cidade desde o mediodía, mentres que outro cinco tiveron que ser desviados, segundo explicaron a Europa Press fontes do aeródromo.

Esta situación de frío e neve é probable que se prolongue durante os próximos días na rexión, e por este motivo Aena activou o Plan Inverno co que levan acabo traballos de prevención en pistas "para que non se xee nin se acumule a neve".

Os aeroportos da rede de Aena contan con medios propios e medios contratados a empresas externas para a retirada da neve e o xeo. O Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas recolle, entre outros, 9 camións equipados con coitela e cepillo varredor e soplador, 3 esparcidores de fundente líquido, 9 camións equipados con coitela e esparcidor de fundente, 2 fresadoras, 6 pas cargadoras, 14 mini-escavadoras, 5 camións con caixa, 2 vehículos todo terreo con coitela e 2 vehículos destinados a inspección e control.

Te puede interesar