EPIDEMIA DEL ÉBOLA

Teresa Romero será Filla Predilecta de Becerreá "se ela acepta"

becerrea
photo_camera Manuel Martínez.

Teresa Romero merece esa distinción pola súa "valentía", pola súa "coraxe" e pola súa "solidariedade"

O alcalde de Becerreá, Manuel Martínez (PSdeG-PSOE), anunciou que Teresa Romero, a auxiliar de enfermaría que superou o ébola, será nomeada Filla Predilecta deste municipio da Montaña de Lugo, "se ela acepta" tal distinción por parte da corporación local.

"Unha vez que se recupere e veña por aquí, proporémosllo e, sempre que ela queira, será Filla Predilecta deste concello", precisou á EFE o rexedor local, quen tamén aclarou que "Teresa non quixo coller o ébola nin pór Becerreá no foco" dunha noticia de semellante alcance, mais os acontecementos sucederon como sucederon.

Segundo o rexedor local, Teresa Romero merece esa distinción pola súa "valentía", pola súa "coraxe" e pola súa "solidariedade", porque se expuxo ao contaxio dunha doenza grave ao se presentar "voluntaria" para coidar os doentes de ébola repatriados polo Goberno de España.

Martínez destacou o feito de que o único Fillo Predilecto que ten até agora o Concello de Becerreá sexa un médico, porque a segunda pode ser unha "auxiliar de enfermaría", dous "dous profesionais da sanidade, entregados día a día a demostrar o seu compromiso coa sociedade".

O alcalde afirmou que o Concello de Becerreá quere ser "a primeira institución en ter un detalle con ela", despois da "chapuza" dalgúns dirixentes políticos da Comunidade de Madrid.

Te puede interesar