DÍA MUNDIAL DEL AGUA

Viaqua impulsa a circularidade da auga para un futuro sostible

Un investigador en Cetaqua.
photo_camera Un investigador en Cetaqua.
A transformación cara un modelo baseado na economía circular permite potenciar a resiliencia hídrica

O cambio climático impacta directamente sobre a dispoñibilidade dos recursos hídricos, con episodios meteorolóxicos extremos (inundacións, secas etc.) cada vez máis frecuentes. A xestión da auga atópase nun momento crucial e é preciso dar o impulso definitivo cara un modelo circular que permita depender cada vez menos da chuvia, diversificar as fontes de abastecemento e salvagardar este recurso natural insubstituíble para a vida e o planeta.

O Día Mundial da Auga, que se celebra o 22 de marzo, destaca este ano baixo o lema “Auga para a paz”, o papel da auga como elemento fundamental na estabilidade e progreso das sociedades. Precisamente esta cooperación entre comunidades e países resulta esencial á hora de garantir o acceso á auga e saneamento universal para todas as persoas, o Obxectivo de Desenvolvemento Sostible (ODS) número 6 establecido na Axenda 2030. 

Segundo Nacións Unidas, no contexto actual de crecemento da poboación e tamén de demanda de alimentos, prevese un incremento das necesidades de recursos hídricos de entre o 20% e o 30% ata 2050. España é un dos países da Unión Europea máis afectados polo cambio climático. Diferentes zonas do territorio galego están a experimentar episodios extremos nos últimos anos. Sen dúbida, a escaseza da auga é un dos grandes desafíos, mesmo naquelas zonas que historicamente non padeceran falta de auga, como é o caso de Galicia.

Rexeneración

Fronte a este desafío, evidénciase cada vez máis a necesidade de impulsar a rexeneración, é dicir; o tratamento avanzado da auga residual que permite reutilizala con todas as garantías de calidade, co fin de devolvela á natureza ou empregala en novos usos como a agricultura, a rega de zonas verdes e a limpeza de rúas nas cidades ou para as industrias. 

Viaqua, parte do grupo Veolia, referente mundial da transformación ecolóxica con solucións en auga, enerxía e residuos, fomenta o desenvolvemento de solucións de mitigación e adaptación ao cambio climático, así como proxectos de referencia baseados na economía circular para avanzar nesta transformación. 

A aposta de Viaqua pola reutilización da auga, como parte da solución ao contexto actual de escaseza hídrica, materialízase en tres proxectos punteiros nacionais e internacionais como CIGAT Circular, RUAGUA e AWARD.

O Centro Mixto de Investigación CIGAT Circular, froito da colaboración entre Viaqua, o seu centro tecnolóxico Cetaqua Galicia e a Xunta de Galicia, traballa para a xeración e recuperación de subprodutos. Concretamente para transformar os residuos de orixe industrial, urbano e agrícola en recursos de alto valor engadido, co obxectivo de converter a Galicia nunha rexión neutra en carbono. Este ano, a Biofactoría de Ourense poñerá en marcha unha Estación de Rexeneración de Augas (ERA) capaz de producir 40.000 m³ de auga rexenerada ao ano, cuxo uso principal será a limpeza viaria e rega de zonas verdes municipais. 

RUAGUA, é unha iniciativa impulsada polo Consorcio de Augas de Valdeorras, AquaOurense e Cetaqua dentro da iniciativa Demos da Fundación Cotec e está financiado por IKEA. Este proxecto busca xerar un impacto positivo, a través da economía circular no municipio de A Rúa. Para iso, promoverá a reutilización da auga producindo 70.000 m³ deste recurso ao ano, a produción do 100% de enerxía renovable e a valorización dos residuos orgánicos, contribuíndo desta forma para paliar os efectos da seca que afectan á comarca de Valdeorras.

AWARD, proxecto financiado polo programa Horizonte Europa e situado en Santiago de Compostela, proporcionará coñecementos e experiencias sobre como integrar de forma efectiva fontes alternativas de auga, como as augas de escorrentía urbana e as augas rexeneradas. Estas fontes alternativas, alcanzables e seguras, poderán incorporarse na planificación estratéxica da subministración de auga, especialmente nun contexto de seca.

Proxectos estratéxicos como estes, capturan 7 millóns de euros procedentes de fondos altamente competitivos para o desenvolvemento de solucións innovadoras para Galicia. A auga rexenerada é unha fonte alternativa e complementaria que contribuirá á sustentabilidade do ciclo integral da auga en Galicia. Facilitará unha xestión eficaz e sostible, ao tratarse de auga de proximidade, accesible e estable, e permitirá non depender exclusivamente das condicións climáticas. En definitiva, a auga rexenerada preséntase como fonte alternativa e complementaria que contribuirá á sustentabilidade do ciclo integral da auga.

Te puede interesar