ÁGORA ECONÓMICA

Ourense na encrucillada: A búsqueda dun plan de futuro

businessman standing on ladder drawing diagrams and graphs

A poboación ourensana segue a descender nunha tasa superior ao 1,2 %, dato preocupante xa que logo esta tendencia, ainda que desacelerada, mantense constante no último quinquenio

 

 

O Observatorio Económico de Ourense (OEOu) deu este mes as cifras globais do terceiro trimestre do ano 2017 respecto de Ourense, presentando unha radiografía global da situación da provincia realmente detallada. Hai que louvar á Deputación pola análise e transparencia dos datos que facilitan unha información moi detallada do perfil económico desta rexión.

Empezando polos datos demográficos, a poboación ourensana segue a descender nunha tasa superior ao 1,2 %, dato preocupante xa que logo esta tendencia, ainda que desacelerada, mantense constante no último quinquenio, de forma paralela ao envellecemento da poboación, que supera de media os 50 anos. Este dato é consecuencia de diferentes variables, como o todavía alto nivel de migración na provincia este último ano en continuidade coa saída de poboación que de sempre acompañou ó censo da provincia. 

Este dato exprícase con poucas análises; en Ourense a tasa de emprego é sensiblemente inferior á do conxunto de Galicia (un 58,71 % fronto ao 61,37 %) e o PIB da provincia arrastra unha longa caída dende o 2012. O descenso do paro, por riba da media da comunidade, está provocado entre outros pola escasa poboación activa: o múmero de pensionistas segue a crecer neste ano, ben superados os 95.000 pensionistas.

Esto nos leva a pensar se as políticas de rexuvenecemento están sendo ben enfocadas e se o establecemento de comarcas como estratexia de conformación de núcleos de atracción de empresas e poboación está sendo exitosa: todas as comarcas perden poboación fronte a capital, que se mantén, e as tasas de envellecemento son realmente preocupantes, coa única excepción de  Valdeorras e Ourense capital. Caldelas e a Baixa Limia ocupan os postos de cola como comarcas con maior taxa de envellecemento da provincia.

Os esforzos económicos para revertir esta situación estanse desenvolvendo no sector agroalimentario, como foco de desenvolvemento rural, e no turismo tanto urbano como rural.

O perfil agroalimentario, pola sua parte, presenta un comportamento complexo, especialmente nos productos vexetais, cuns movementos cíclicos que mostran que o sector dirixe a producción ao mercado especualativo, presentando puntas de producción en función do prezo de mercado. Esto é, precísase quizáis dunha estratexia de longo prazo para presentar un maior valor engadido ao producto. Polo contrario, o mellor comportamento é o do sector gandeiro, que segue a crecer con expectativas positivas e con amplo potencial de desenrrolo e de seguir incrementando o seu valor engadido. 

O sector industrial alimenticio é crítico para Ourense, sendo unha posible panca de cambio da xeración de emprego e producción diferenciada, ligado á producción instalada na provincia e con ventas exteriores, tanto ao resto de Galicia como a España e Europa. Esta industria ten a capacidade de convertise nun dos motores do emprego, mais alá do lixeiro estancamento neste ano.  

Por otra banda, o modelo turístico presenta pola contra claros sinais de esgotamento, cunha caída global de pernoctacións e visitantes fronte aos anos anteriores (case catro mil turistas menos e sete mil pernoctas menos na tempada alta deste ano). Se ben as inversións en turismo termal non parecen mermar a oferta turística e manteñen o perfil de calidade das instalacións e do turista de balneario tradicional. Por contra esto esixe analizar a situación dado que os empregados pola insdustria turística apenas superan as 6.000 persoas, moi por debaixo da construcción ou a sanidade, un dato que da que pensar se quere acadar un maior crecemento da provincia no sector terciario, o mais potente ó nível do estado español. 

A tenor dos datos, Ourense segue a ter um amplo recorrido de mellora, sobre todo se novos enfoques estratéxicos propician um cambio de esta difícil situación, a cal require medidas a longo prazo e un amplo consenso político para renovar os pulos dunha provincia que fai unha década puxaba por convertirse na avanzada da innovación en Galicia.

Te puede interesar