O BNG pide a Sanidade que explique os motivos do peche do centro de saúde de Beiramar

O Grupo Parlamentario do BNG preguntará na cámara galega os motivos do peche do centro de saúde de Beiramar, en Vigo, segundo avanzou a deputada Carme Adán, durante unha visita a este centro, na que estivo acompañada polo candidato ás eleccións europeas, Manuel Moreira.
 

Segundo Adán, non hai razóns médicas que xustifiquen ese peche, que é un "claro exemplo da política sanitaria do PP, centrada no desmantelamento do servizo público".

Ademais, recordou, os pacientes e médicos serán trasladados ao centro de saúde de Rosalía de Castro, o que supón un "claro prexuízo" a parte dos veciños de Bouzas.

Por outra banda, tanto Adán como Moreira, insistiron en reclamar á Xunta que non peche camas hospitalarias durante o verán na área de Vigo, e contribuír así a reducir a lista de espera.

A ese respecto, Moreira sinalou que "non é certo o que di a conselleira de non fan falta as camas", porque ese peche supón "atrasar intervencións" e aumentar o problema da espera.

Te puede interesar