O BNG pide que se aplique o 'despedimento obxectivo' a exdirectivos de NCG para evitar 'indemnizacións millonarias'

O BNG sinalou este martes que 'o lóxico' é que se aplique a lexislación laboral e, polo tanto, o 'despedimento obxectivo' aos exdirectivos das caixas galegas e, posteriormente, de Novacaixagalicia (NCG) pola súa mala xestión á fronte das entidades.
Así o manifestou en rolda de prensa a deputada nacionalista Olaia Fernández Davila, quen sinalou que 'se NCG Banco entende que son prescindibles -os exdirectivos anteriores- , é que a súa xestión non foi positiva'.

Fernández Davila subliñou que, 'curiosamente', as 'indemnizacións millonarias' foron estipuladas antes de que estes directivos abandonasen os seus cargos, e apuntou que 'se'deberían ir máis persoas das que se foron'. 'Hai xente na dirección de NCG que leva moitos máis anos que os que se foron', engadiu.

Por outra banda, o BNG insistiu na necesidade de que a Xunta se faga co 51 por cento de NCG Banco e en que se poña en marcha 'inmediatamente' unha comisión de investigación sobre o proceso de fusión das caixas, a xestión dos seus responsables, a auditoría encargada polo goberno galego para a integración das entidades, entre outros aspectos.

Te puede interesar