A CRTVG ten lista a proposta de consolidación de emprego

O director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG), Alfonso Sánchez Yzquierdo, anunciou onte que 'nos días vindeiros' presentará unha nova oferta de consolidación de emprego que, se for aceptada, desbloqueará a convocatoria de oposicións despois de 18 anos de espera.
Sánchez Yzquierdo, tras comparecer en comisión parlamentaria, explicou que o proceso de promoción interna comezará o día 1 de decembro e que 'nos días vindeiros, nas próximas semanas', trasladará ao Consello de Administración unha nova proposta de consolidación.

A pesares de que o PSdeG pediu que o tribunal se decidise por sorteo, Alfonso Sánchez, rexeitou esta fórmula.

Te puede interesar