“Deberiamos deixar a iniciativa privada o máis que se poida'

Henrique Carvalho (Ourense, 1939), é o cabeza de lista de Converxencia XXI por Ourense.
Por que Converxencia XXI é a alternativa pola que se debería apostar?
Porque é un partido novo, de corte liberal, centrado, moderado. Unha opción que non existe e que trata de cubrir un espazo semellante ó que no seu momento quixo cubrir Franqueira con Coalición Galega, creando un partido que responda ós designios de Galicia e non de Madrid, como fan hoxe PP e PSOE.

Apostan por unha reformulación da Administración. Que institucións sobran para vostedes?
Sobran as Deputacións. É un ente que non ten sentido dende que estamos no estado autonómico. O único para o que serve é para colocar xente e manter parcelas de poder dos partidos. Cómpre potenciar o labor dos funcionarios a tódolos niveis. Os asesores debían desaparecer porque na administración xa hai xente capacitada para facer ese traballo. Sobran tamén empresas públicas, hai que deixar a iniciativa privada o máximo que se poida.

Que medidas adoptaría Converxencia XXI como prioridade?
Hai que velar pola corrupción. A lei de contratos das administracións públicas mediante o procedemento negociado sen publicidade permite que prácticamente tódalas obras que se fan na provincia se outorguen a dedo. É de sospeitar que as tres empresas están conchabadas entre si e co adxudicatario. O sistema debera ser o de subasta. Hai tamén infraestructuras inútiles como é a conexión do AVE entre Ourense e Vigo que só serve para estragar o territorio.

Te puede interesar