ESTA SEMANA

A DGT desenvolverá unha campaña especial de consumo de alcohol e drogas entre os condutores das estradas galegas

O alcohol é un factor concorrente nun terzo dos accidentes mortais e multiplica entre 2 e 15 o risco de sufrir un accidente

A Dirección Xeral de Tráfico (DGT) porá en marcha dende este luns, día 14, unha campaña especial de control da taxa de alcoholemia e de consumo de drogas entre os condutores das estradas galegas que se estenderá ata o próximo domingo, día 20.

Durante toda a semana, axentes da Garda Civil de Tráfico intensificarán os controis de alcohol a condutores nas vías galegas. Tamén se potenciará a colaboración cos concellos para efectuar controis en zonas urbanas, con especial incidencia nas zonas de ocio nocturno e espazos onde se sitúen as festas populares.

A Delegación do Goberno recordou, nun comunicado, que o alcohol é un factor concorrente ou determinante nun terzo dos accidentes mortais de circulación. A súa presenza na condución multiplica entre dous e 15 veces os riscos de sufrir un accidente de circulación ademais de ser un factor agravante das súas consecuencias.

ULTIMAS CAMPAÑAS

Así, no ano 2013, as análises toxicolóxicas realizadas a condutores falecidos en accidentes de tráfico revelaron que un 43,09% deles presentaban unha taxa de alcohol etílico en sangue superior a 0,3 g/l, unha porcentaxe que crecía ata o 44,10% no caso de peóns falecidos pola mesma causa.

Ademais, na última campaña análoga que se desenvolveu entre o día 2 e o 8 de xuño deste ano rexistráronse 229 positivos.

Te puede interesar