LUGO

Falece un motorista nunha saída de vía no Incio

O accidente produciuse no quilómetro 10 da estrada LU-644

Un motorista, con iniciais S.G.F e de 31 anos, faleceu este domingo, sobre as 17,45 horas, ao sairse da vía a moto na que viaxaba no municipio lucense do Incio.

En concreto, o accidente produciuse no quilómetro 10 da estrada LU-644, á altura da Cruz do Incio, segundo informaron a Europa Press fontes da Garda Civil de Lugo.

Ata o lugar do sinistro desprazáronse un helicóptero do 112, unha ambulancia do O61 e unha unidade de Tráfico da Garda Civil de Lugo.
 

Te puede interesar