A Garda Civil descobre un viveiro ilegal de lampreas nun barrio compostelano

Axentes da Garda Civil adscritos ao Seprona da Coruña descubriron un viveiro ilegal de lamprea nun almacén do compostelano barrio de Cume da Eira.
O denunciado e responsable da actividade tiña unha especie de piscina compartimentar na que mantiña os peixes, que no momento da inspección albergaba 28 exemplares, segundo informou o Instituto Armado.

Os axentes sorprenderon o home cando entregaba dúas lampreas nun restaurante de Santiago e, ademais, transportaba no interior do seu vehículo outras 12.

O denunciado trasladaba os peixes en bolsas de plástico, 'sen ningún tipo de precaución sanitaria', segundo as mesmas fontes, dende piscinas e repartíaos por diferentes restaurantes da bisbarra.

Esta actividade considerada polos gardas como clandestina, foi denunciada ante as consellerías de Sanidade e de Medio Rural da Xunta.

Te puede interesar