Liberado o condutor dunha retroescavadora que envorcou nas Pontes

O condutor dunha retroescavadora foi liberado esta mañá despois de envorcar a máquina que manexaba e quedar atrapado baixo a terra dun noiro no municipio coruñés das Pontes.

Fontes de Emerxencias 112 informaron deste accidente, ocorrido arredor das 10:00 horas nunha pista na Mourela, onde o operario realizaba tarefas de limpeza.

O 112 mobilizou de seguido os servizos sanitarios de urxencia e os bombeiros do Eume, e solicitou a intervención da Garda Civil e de Protección Civil.

En canto o traballador foi liberado, os servizos sanitarios trasladárono a un centro de saúde da localidade.

Te puede interesar