SUCESO | GALICIA

Morre un menor nun accidente de tráfico en Ortigueira

A colisión entre un coche e unha mota provocou que o xoven falecera no acto

Un menor resultou falecido este venres nun accidente de trafico rexistrado no municipio coruñés de Ortigueira.

Segundo informou o 061 e consta nos datos do CAE-112, o accidente, unha colisión entre un coche e unha moto, tivo lugar sobre as 19,00 horas na estrada que une Ortigueira e Viveiro, ao pasar a ponte de Espasante.

Ata a zona desprazouse unha ambulancia asistencial do 061, así como persoal sanitario da PAC de Ortigueira, que, con todo, non puideron facer nada para salvar a vida do menor.

Te puede interesar