Predicións meteorolóxicas para este xoves: Intervalos nubrados, con ocasional apertura de claros na metade Norte

Galicia continuará durante este xoves baixo os efectos dunha profunda borrasca situada entre Islandia e Irlanda, polo que os ceos presentarán intervalos nubrados en xeral, con ocasional apertura de claros na metade Norte. Os chuvascos serán máis frecuentes e intensos en Pontevedra e Sur de A Coruña, con tormentas fortes ocasionais que poden ir acompañadas de sarabia.
Segundo a información de MeteoGalicia, organismo dependente da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, os ventos soprarán moderados do Sueste, con refachos fortes no litoral e zonas altas do interior.

Pola súa banda, as temperaturas experimentarán un descenso, que será entre lixeiro e moderado. Deste modo, A Coruña e Ferrol alcanzarán os 18 graos de máxima, mentres que o resto oscilarán entre os 17 e 10 graos. Pola súa banda, os termómetros descenderán ata os 6 graos de mínima en Verín e os demais valores moveranse entre os 7 e 15 graos.

Te puede interesar