O PsdeG pide á Xunta que explique a súa política exterior

O voceiro de Política Exterior do Grupo Parlamentario Socialista, José Luis Méndez Romeu, rexistrou unha iniciativa parlamentaria na que reclama información acerca das actuacións no exterior do Goberno da Xunta.
Segundo recordou Méndez Romeu, a Acción Exterior dos gobernos ten 'carácter máis transcendente que o tempo das lexislaturas', dado que os resultados 'son case sempre a medio prazo' e, ademais, necesitan 'da continuidade das accións' no tempo'. 'Trátase dunha área que no contexto autonómico español ten límites claros e unha prioridade comunitaria moi visible', sinalou o deputado.

A maiores, recordou que, polo momento, a Xunta 'non compareceu' por propia iniciativa 'nin para informar das viaxes institucionais do presidente, nin para explicar as iniciativas en curso.

Te puede interesar