En Riotorto sube o censo o doble do normal nos últimos meses

O alcalde do concello lugués de Riotorto, Federico Gutiérrez Estoa, criticou onte un aumento sospeitoso do padrón municipal de habitantes entre novembro e xaneiro pasados, a falta de poucos meses para os comicios. Segundo Gutiérrez Estoa, do BNG, o padrón aumentou no seu municipio o dobre do normal, con casos 'curiosos' como o de dúas persoas 'vinculadas familiarmente ao candidato do PP' que oito días despois de inscribirse se deron de baixa.
O alcalde dixo que non se decatara dos movementos no padrón de habitantes ata que o municipio foi sinalado pola Oficina do Censo Electoral. Entón, el mesmo comprobou que o incremento no censo era anormalmente alto, porque unhas vinte persoas se inscribiran entre novembro e xaneiro.

Te puede interesar