Rueda lamenta que a oposición busque o desgaste de Feijóo pola 'infamia'

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acusou esta mañá a oposición de intentar o 'desgaste' do presidente galego, Alberto Núñez Feijóo, a través da 'infamia' sobre a súa relación con Marcial Dorado, condenado actualmente por narcotráfico.
'Lamento de verdade que -a oposición- considere que o asunto máis importante que ten que tratar o Parlamento é agora mesmo unhas fotos de fai vinte anos. Se é así, xa se deron todas as explicacións e a Xunta seguirá traballando os graves problemas que ten Galicia', sinalou Rueda nunhas declaracións aos xornalistas na Coruña.

Núñez Feijóo compareceu esta mañá no Parlamento galego despois de que fosen publicadas recentemente no xornal El País unhas fotografías nas que aparece xunto ao narcotraficante.

Rueda destacou que 'desde o principio' o presidente galego mantivo unha actitude de 'transparencia' e 'responsabilidade' dando todo tipo de explicacións que referendou esta mañá no Parlamento.

Nesta comparecencia, asegurou, quedou 'ben retratada a estratexia da oposición': 'intentar crear unha infamia onde non había absolutamente nada'.

'Isto serviu para ver onde está cada un: o presidente dando explicacións transparentes dunhas fotos de fai vinte anos e a oposición intentando o desgaste, como non ten outro argumento, a través da infamia', sentenciou.

Te puede interesar