dous torneos

A Xunta busca promover o golf en Galicia

Marcouse como obxectivo conseguir que Galicia sexa un dos "destinos preferentes" para os amantes da práctica do golf

O primeiro deles é un campionato que conta con seis probas puntuables, a primeira o vindeiro sábado 21 de xuño nas instalacións do Campo de Montealegre, na provincia de Ourense.

Neste caso, Turismo de Galicia patrocinará un premio especial para a parella sénior mellor clasificada, que consiste en participar na final de invitacións que se organizará no campo de golf Balneario de Mondariz, o 27 de setembro.

Ademais, co mesmo obxectivo de promover a práctica do golf sénior na comunidade, Turismo de Galicia tamén patrocina o Open Rías Baixas, proba que empezou onte mércores e finalizará o vindeiro domingo.

Te puede interesar