A Xunta convoca o primeiro concurso independente de traslados para o persoal subalterno e de vixilancia

O Goberno galego convocou, por primeira vez, un concurso independente de traslados para o persoal laboral de Grupo V, o máis numeroso, e que corresponde con persoal subalterno, de vixilancia e servizos específicos non titulados.
Segundo se publica este martes no Diario Oficial de Galicia (DOG), estará regulada polo quinto convenio colectivo para persoal laboral da Xunta, que entrou en vigor en 2008. A convocatoria foi acordada coas organizacións sindicais e oferta 1.464 prazas.

Este é o primeiro concurso de traslados para persoal da Xunta dende o ano 2005. Como novidade, esta convocatoria contará cunha aplicación informática específica que, segundo confía a Administración autonómica, permitirá reducir os prazos de tramitación en comparación con anteriores procesos.

Te puede interesar