pleno

O Pleno de Ribadavia debatirá sobre o servizo de conciliación

Patio IES Ribadavia
26--17
photo_camera Patio exterior do Instituto, que acollerá un concerto.

O alcalde de Ribadavia convocou para hoxe a sesióno ordinaria da Corporación correspondente ó mes de xullo e na que se debatirán unha serie de propostas dos grupos da oposición. Ademais, o goberno municipal plantexará a fixación dunha taxa para a celebración dun concerto no vindeiro mes de setembro.

 "Iste prezo público, de cinco euros, estableceráse de xeito particular para as entradas da actuación do grupo Efecto Pasillo nas festas do Portal, o 9 de setembro, que terá lugar no patio exterior do Instituto de ESO O Ribeiro", indicaron dende o Concello. Entre as mocións, destaca a presentada polo PP solicitando a creación dun servizo de conciliación, no que se atenda ós escolares antes do inicio do horario lectivo.

Unha iniciativa que xa se puxera en marcha hai alguns anos pero que tivo que ser suspendida, debido á escasa afluencia e ó custe que supuña o aluger dun local para as arcas municipais. Neste sentido, o equipo de goberno socialista considera que se debe elaborar previamente un estudio de necesidades sobre este servizo.

Pola súa banda, o grupo de Ribeiro en Común contempla acometer un plan de seguimento da rehabilitación do casco histórico de Ribadavia, na actualidade á espera de axudas económicas, e, tamén, a dotación de contedores soterrados e unha mellora na limpeza de rúas e prazas na vila. Ó respecto, dende o Concello adiantan que xa está elaborado un informe por parte da Deputación provincial orientado á solución deste problema. 

Te puede interesar