O PSOE insta a eliminar un punto negro da estrada da Foz, en Ribadavia

Casa do Concello de Ribadavia.
photo_camera Casa do Concello de Ribadavia.
Los socialistas consideran urgente solucionar este problema de tráfico en el núcleo de Foz

O PSdeG-PSOE de Ribadavia vén de presentar unha moción na que insta ao Concello de Ribadavia a trasladarlle á Deputación, titular da OU-0305, a necesidade de eliminar un punto negro de accidentes nunha curva do núcleo de poboación da Foz. Os socialistas consideran “urxente” que se proceda a buscar solucións a unha zoa que supón un “grave perigo para a seguridade de condutores e peóns, tal e como queda acreditado cos numerosos accidentes que se producen neste punto”. 

Dende o grupo municipal socialista explican que este inverno, por mor das frecuentes choivas, detectouse que a curva á altura da pasarela sobre o río Avia “é escenario de frecuentes saídas de vía”. Engaden que “os vehículos accidentados vanse contra a parede ou contra as varandas protectoras, na maioría dos casos por derrapaxes debido ao estado esvaradío da curva por mor da choiva e o frío”.

Te puede interesar