O vigués Lois Patiño gaña o premio ao mellor director emerxente en Locarno

Lois patiño recibe o seu premio.
Lois Patiño, que coa súa película 'Costa da Morte' recibiu o sábado o premio ao mellor director emerxente no Festival de Locarno, destacou que o galardón 'é máis que un soño'.
'Costa da Morte' (Zeitun Films) retrata esta comarca, observando ás persoas que a habitan: pescadores, mariscadores, testemuños do traballo que realizan e a súa relación coa paisaxe. Patiño, nacido en Vigo en 1983, sinalou onte que o Festival é dos máis relevantes do cine independente e 'xa era un premio en si estar seleccionado'.

Te puede interesar