LA REVISTA

As cidades torrenciais

rabo22_result
photo_camera Las ciudades de Torrente Ballester.

Dos novelistas galegos en lingua española hai dous, Torrente e Cela, por riba dos outros.

Dos novelistas galegos en lingua española hai dous, Torrente e Cela, por riba dos outros. O ferrolán, se cadra, tiña intelixencia de máis, para o xénero. O padronés, se callar, máis práctica que teoría, o que tampouco semella cousa mala para algo tan cheo de antoxos cal a novela. Aí seguen os dous, pagando a peaxe dese certo silencio que paira riba dos escritores as primeiras décadas logo da súa morte. Torrente, así e todo, ademais do orgullo que en Ferrol, concita o seu nome, o que non está mal nunha cidade ás veces chicote dos seus nativos, ten o amor fidel da Deputación de A Coruña.

Esta non soamente convoca ano tras ano un premio de narrativa so do nome de Don Gonzalo, senón que se ocupa de manter a súa bandeira literaria. Quer reeditando libros seus, quer facendo novos achegamentos cañl o que teño diante miña. Que recibo por xentileza de Diego Calvo, presidente da Deputación coruñesa. Desta volta o libro é unha edición modélica do negreirense-ferrolán, José Antonio Ponte Far, un dos que máis se ocupan en manter aceso o facho do autor de Dafne y ensueños, o libro máis ferrolán de Torrente, e un dos mellores libros de memorias (entre da realidade e a ficción) que eu teña lido. Por suposto que Dafne y ensueños, anacos seus, están no libro coordenado por Ponte Far, achegamento ás ciudades habitadas por Don Gonzalo. Un trotamundos, que non obstante puxera as súas frechas literarias en ciudades moi específicas: Ferrol, por suposto, Santiago e Pontevedra, de entre aquelas nas que morara. Semella curioso que Madrid, dazaséis anos nela, non mereza lugar chamativo na obra de Don Gonzalo. Salamanca, fogar derradeiro, tampouco, por máis que os lectores de “Torre del Aire” (anteriormente de “Los cuadernos de la Romana”), atoparamos nesta sección semanal de “Informaciones” pegadas na órbita sentimental de Torrente.

Quen neste libro é analizado por Ponte Far, autor dun impagable artigo sobre unha viaxe en auto con Don Gonzalo a Coruña, e o que este lle fora contando. Acompañan a Ponte no seu percorrido: Ángel Basanta, Carmen Becerra, Moldes Fontán, César Antonio Molina, Pérrez Bowie e Miguel Viqueira. Sen esquecer as fotos do propio Torrente. Un pracer este libro, cheo de lealtade.

Te puede interesar