LITERATURA

Valle-Inclán tal cal

valle
photo_camera Editorial Espasa, "Ramón del Valle-Inclán. Genial, antiguo y moderno".

Joaquín del Valle-Inclán é neto de Don Ramón, fillo de Carlos, prmeiro Marqués de Bradomín na realidade, o da ficción lá quedara, “feo, católico y sentimental”.

Joaquín del Valle-Inclán é neto de Don Ramón, fillo de Carlos, prmeiro Marqués de Bradomín na realidade, o da ficción lá quedara, “feo, católico y sentimental”. E nesa condición, a de vencellado, vencelladísimo diría eu, con documentos e datos moi de primeira man, aborda a figura dun nosos escritores en verdade grandes. Para moitos o noso primeiro dramaturgo, por mor de Luces de bohemia. Faino desde unha biografía en verdade precisa, carregada de notas, dispostas ao remate do libro para non lle poñer atrancos extra a este. Faino poñendo o dedo na chaga con rigor.

valle_inclan_resultTan rigorosamente que se ben perdemos aquel Don Ramòn del Valle-Inclán das anécdotas (das que se pagaban a peso nas redaccións dos xornais madrileños) que fan de árbores para escurecer unha fraga, ás veces bouza, espléndida, gañamos unha figura certamente austera. Nin bohemia, nin pobre, nin arbitraria, nin extravagante (tal como a pintaba a nota oficiosa de Primo de Rivera, aquel espadón en verdade estrafalario, que con “La Caoba” na man viñera apuntalar a figura dun rei, Alfonso XIII, merecente doutra corte milagreira).

Tampouco, segundo Joaquín, seu avó fora o filocomunista que algúns nos pintan nos seus derradeiros anos, nin o seu enterro foi esa procesión grotesca, cun crucifixo saltando polos aires que nos teñen pintando. O que foi Valle-Inclán, ao menos o que prefire Joaquín del Valle-Inclán, está neste libro de impecable feitura que se le con moito pracer. E que aínda dá aportadas cousas novas a unha bibliografía cada vez máis ampla. Que libros como o de Ramón Gómez de la Serba, cheo de anécdotas, sigan a ter o seu aquel, non sorprende. Valle, como Quevedo, como últimamente Cela, dispoñen de biografías moi, moi vividas.

Por iso tanta mixtificación ao redor delas. Ben está que veña alguén, Joaquín del Valle-Inclán, poñer as cousas no seu sitio. Trátese da verdadeira historia da perda do brazo a mans de Manuel Bueno ou de como se ten falado de máis sobre a intervención de Valle na boda de Anita Delgado co maharajá aquel. Joaquín del Valle-Inclán aponta con fusil carregado con munición de verdade e non con balas de fogueo. Deámoslle as grazas. Eu, parciálisimo da figura e máis a obra do seu abó, cando menos.

Te puede interesar