cine

O cinema de Verín acollerá a proxección de “La bella y la bestia"

Os pases programados serán, o venres ás 19,15 horas e ás 22. Sábado e domingo, amplíase tamén ás 16,30 horas

¡Durante os días 7, 8 e 9 de abril, o cinema municipal de Verín acolle a proxección da película "La bella y la bestia", no Salón de Actos da Casa da Cultura. Os pases programados serán, o venres ás 19,15 horas e ás 22. Sábado e domingo, amplíase tamén ás 16,30 horas. 

"La Bella y la Bestia" é unha adaptación en imaxe real do clásico de Disney "La Bella y la Bestia", que conta a historia de Bela (Emma Watson), unha moza brillante e enérxica, que soña con aventuras e un mundo que se estende máis aló dos confíns do seu pobo en Francia.

As entradas, como xa vén sendo habitual, estarán dispoñibles para o público trinta minutos antes do inicio de cada unha das sesións previstas. 

Te puede interesar