MONTERREI

O comercio implícase na súa noite de compras

IMG-20170609-WA0053
photo_camera As rúas de Verín amosaban onte a última hora un bo ambiente.

A Shopping Night de Verín achegou promocións ao público participante 

Foi unha noite máis. A segunda que organiza a asociación de comerciantes e empresarios da vila de Verín e que serviu para achegar a centos de persoas que entre as oito e as doce da noite tiveron a oportunidade de mercar no comercio local. O programa da segunda edición da 'Shopping Night' incluiu un gran sorteo de cinco cheques regalo de 50 euros e vinte cheques de 20 euros e tickets desconto para os establecementos hosteleiros asociados a AEHCOM. O sorteo, no que participarán todas as persoas que compraron durante a noite de compras, será público (non presencial) e terá lugar o martes día 13 ás 20,00 na sede de Aever. Os gañadores serán informados vía telefónica e terán un período de 15 días para gastar o cheque, integramente, nas tendas participantes.

ALFOMBRA E GLOBOS

Todos os establecementos participantes na campaña Shopping Night eran facilmente recoñecibles xa que terán no seu exterior había unha alfombra vermella e globos de helio. Durante a noite de compras, a empresa Saudeter foi a encargada de ofrecer a animaci rúas con ambientación de temática circense con zancudos, música, escuma e un coche caracterizado para a ocasión.

Como novidade, este ano a asociación de comerciantes e empresa realizou un divertido concurso nas redes sociais. Todas as persoas que se achegaron a comprar con perruca aos diferentes establecementos participantes e subiron unha fotografía a Facebook, Instagram ou Twitter utilizando o hastag #NoiteDeCompras e #NoitedeComprasVerín, participaron nun sorteo dun cheque regalo de 50 euros.

Cando remate a campaña todas as fotografías subiranse ao facebook oficial de Aever e a que consiga mais “me gusta” será a imaxe gañadora. 

Te puede interesar