EMPREGO

O Concello de Verín, a prol das reivindicacións en emprego

Anuncian "que se sumará á convocatoria sindical da CIG para abordar unha mesa específica e reclamar implicación co tecido empresarial local.

O Concello de Verín, a prol das reivindicacións en emprego

O goberno local de Verín vén de denunciar que a coincidencia temporal do proceso de liquidación de dúas das empresas "máis representativas" da comarca de Monterrei " non é máis que "a gota que borda o vaso do proceso de desinversión e desatención que leva sufrindo o noso territorio nos últimos anos". O grupo critica que existe unha "ausencia de investimentos en chan industrial e pese á reiterada demanda de varios concellos da área neste senso, como na total discriminación da nosa zona na distribución das axudas en materia de políticas activas de emprego". 

Anuncian "que se sumará á convocatoria sindical da CIG para abordar unha mesa específica e reclamar implicación co tecido empresarial local.