OCIO

A Feira de Nadal abre o programa festivo en Verín

Hoxe e mañá celébrase, na Praza García Barbón, a Feira de Nadal, un mercado tradicional con actividades lúdicas para os máis pequenos, que se desenvolverá de 11,00 a 14,30 horas e de 16.00 a 20,00 horas

A Feira de Nadal abre hoxe as actividades culturais e festivas deseñadas polo Concello de Verín para estas datas. O programa oficial está composto por unha vintena de propostas culturais e de lecer para todos os públicos, entre os que se inclúen  concertos, teatro,  obradoiros, mercados e  feiras específicas, actividades para os centros de  maiores, actividade diaria na Ludoteca para conciliar a vida familiar e laboral, iniciativas sociais e comerciais, xunto coa tradicional cabalgata de Reis.

Hoxe e mañá celébrase, na Praza García Barbón, a Feira de Nadal, un mercado tradicional con actividades lúdicas para os máis pequenos, que se desenvolverá de 11,00 a 14,30 horas e de 16.00 a 20,00 horas. Hoxe, ás 20,30 horas,  e mañá, ás 18,00 horas,  tamén haberá teatro no Auditorio municipal, coa obra "Un mal día", da Caixa de Pandora.

Mentres, no salón parroquial pódese disfrutar xa do Belén da Viruca", mentres que a sala de exposicións acolle a mostra da Escola de Artes e Oficial "Reciclarche Verín 2017".

Do 22 ao 30 de decembro estará aberta a Pista se xeo na Praza García Barbón, e do 22 de decembro ao 5 de xaneiro desenvolverase o Ludonadal no Colexio Infantil Módulos, actividades ao que se suma un amplo abano de concertos, galas e actuacions que se prolongan ata o 13 de xaneiro.

Te puede interesar