O IES Xesús Taboada Chivite de Verín amosa os seus eventos europeos

CHIVITE ACTIVIDAD ERASMUS (1)
photo_camera Xornada participativa para coñecer as actividades.

O IES Xesús Taboada Chivite de Verín comezou este xoves a actividade “Días Erasmus”, co fin de dar a coñecer os programas europeos dos que son partícipes. É unha iniciativa do Servizo Español para a Internacionalización da Educación para valorar os beneficios da mobilidade europea difundindo proxectos Erasmus+, que este curso cumpren 35 anos de historia.

O instituto verinés, que se iniciou no camiño da internacionalización hai máis dunha década, celebrou este evento para dar a coñecer a todo o alumnado o programa e as súas vantaxes. Máis de cen alumnos coñeceron onte nos “Días Erasmus” as actividades feitas dentro do programa, “as mobilidades realizadas polos estudantes e a testemuña do alumnado que xa participou en anteriores convocatorias”, explican dende o centro educativo.

Te puede interesar