REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
MONTERREI
A limpieza que se puso en marcha o día 3 de novembro no xacemento romano do Bouzadoiro, coñecido coma a Igrexa dos Mouros e situado na zona coñecida como Pozo do Demo, no concello de Verín, deixou ó descuberto a pranta completa dun recinto inédito dunha vila romana e da que só se atopan construccións similares nas illas británicas e no arco atlántico.
Segundo os arqueólogos que nel traballan, o xacemento conta cuns 45 metros de lado e esquinas redondeadas, facéndose visibles en certos puntos as pedras que formarían inicialmente o muro perimetral, así coma unha posible entrada no lateral norte. Tamén quedaron con estes traballos ó descuberto as terreiras e a área excavada por Taboada Chivite no seu día, onde se están centrando os traballos arestora e onde xa se distinguen os muros por él descritos, así como novos elementos que axudarán a reinterpretación do lugar.
A actuación, financiada pola entidade de promoción turística Portas de Galicia e dirixida polos arqueólogos Eduardo-Breogán Nieto Muñiz e Alberte Reboreda Carreira (Breogán Arqueoloxía), ten como obxectivo o redescubrimento dos restos xa excavados por Taboada Chivite a finais da déca- da de 1940 para o seu rexistro coas técnicas arqueolóxicas actuais e a reinterpretación do sitio, catalogado erróneamente coma un castro ata a revisión do Plan Xeral de Ordenación polos mesmos arqueólogos en 2011.
Nos vindeiros días continuarán os traballos arqueolóxicos na devandita zona, ampliando a área de excavación a sectores non explorados, procurando a lectura dos niveis estratigráficos orixinais para poder vinculalos ás estructuras xa visibles
Contenido patrocinado
También te puede interesar
REFUERZA SU PRESENCIA
Mallorca, nuevo escaparate para los vinos de 22 bodegas de la D.O. Monterrei
SALÓN INTERNACIONAL
La feria WineMad recibirá a 17 bodegas de la D.O. Monterrei
FUTURA VARIEDAD
La D.O. Monterrei trabaja para unirse a los espumosos ourensanos
Lo último
RELEVO GENERACIONAL
El futuro del agro en A Limia pide, más que dinero, apoyo y diálogo
LA REVISTA
Sacha Hormaechea, la cocina de la sinceridad