PROVINCIA

Ourense lidera a loita contra a avespiña asiática da castaña

Dos case 20.000 viais repartidos pola xeografía galega, uns 7.700 foron distribuidos na provincia

A conselleira, Ángeles Vázquez, no centro da imaxe; á súa dereita, o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga.
A conselleira, Ángeles Vázquez, no centro da imaxe; á súa dereita, o alcalde de Riós, Francisco Armando Veiga.
Ourense lidera a loita contra a avespiña asiática da castaña

Riós converteuse no día de onte na base de operacións da loita contra a avespiña asiática do castiñeiro. Alí, a titular da consellería de Medio Rural, Ángeles Vázquez, e o director xeral de Ordenación Forestal, Tomás Fernández-Couto, convidaron ós rexedores dos municipios local e limítrofes, ademais de ós productores da provincia, á unha solta do parásito Torymus sinensis e tamén a posta en común dos números que o departamento autonómico leva rexistrados no combate contra esta afectación dun dos principais recursos ourensáns, a castaña.

Segundo reflicten os datos facilitados no acto, Ourense é a provincia que arestora lidera a loita contra a avespiña, con máis dun 40% de viais subministrados, so un punto por enriba da veciña provincia de Lugo, que con 7.554 doses sitúase na segunda en incidencia cun 39,3 por cento de soltas practidadas en 4.902 puntos detectados.


TRIPLE DO ANO PASADO


Así, só este ano liberáronse xa un total de 7.757 viais do parásito (cada un deles contén aproximadamente entre 35 e 36 individuos), fronte aos 2.399 viais do pasado ano. Isto supón a solta duns 275.000 individuos. Polo tanto, a liberación multiplicouse por tres. No conxunto de Galicia soltáronse ata o de agora máis de 19.000 viais con Torymus, estándo previsto superar a cifra de 20.000.

A conselleira do Medio Rural aproveitou a súa estadía en Riós para coñecer o seu Centro de Desenvolvemento Agroforestal, instalacións de referencia para o cultivo da castaña. A consellería asinou en novembro de 2017 un convenio de colaboración con este municipio ourensán para impulsar no centro un programa específico de promoción deste froito. Mediante este convenio, que estará vixente ata finais de 2019, Medio Rural achegará 166.000 euros en tres anos.