A tenda de produtos propios do Entroido abre hoxe na rúa Lisa

Por sexto ano consecutivo, a Comisión de Festas do Entroido 2013 de Verín decidiu promocionar a súa ancestral celebración a través da apertura dun establecemento, situado na céntrica rúa Lisa de Verín, na que se venderán todo tipo de produtos promocionais propios desta tradicional festa, declarada de Interese Turístico Nacional no ano 2009.
Entre os produtos que se poderán adquirir no seu interior, a partir de mañá mércores, atópanse suadoiros (16 euros), camisetas (8 euros), pins (3,5 euros), pañoletas (1,5 euros) ou chapas (1 euros), entroutros.O establecemento estará aberto ata o Martes de Entroido, de luns a domingo, de 10,00 a 13,30 horas e de 17,00 a 20,30 horas. E no interior da mesma, inclúese unha pequena exposición de fotos antigas do Entroido de Verín.

Por outra banda, os integrantes da Comisión de Festas do Entroido 2013 están a solicitar aportacións económicas polas vivendas da localidade, 'polas que se lle entregarán a cambio, aos veciños que as realicen, rifas para participar no sorteo dunha careta do cigarrón', segundo sinalan dende a comisión.

Os interesados tamén poden efectuar as aportacións que consideren oportunas no establecemento do Entroido.

Te puede interesar