A Casa da Xuventude de Verín celebra este martes de 12,00 a 13,00 horas o obradoiro “Plan para a implementación da axenda 2030 en Verín”, un acto no que se exporán as principais medidas propostas e no que os veciños poderán compartir as súas opinións e propostas.
Organizado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade co apoio da Xunta, estas charlas teñen como obxectivo impulsar a implicación dos concellos no camiño do desenvolvemento sostible. Neste obradoiro explicaráselle aos participantes que é a axenda 2030: “É un reto mundial no ámbito local”, din na organización, que tamén levarán a proposta do plan estratéxico para Verín.