ACTIVIDADES

Xornadas sobre a Semana Europea da Mocidade

Participarán 30 mozos e mozas de ambos lados da raia

A sede da Eurocidade Chaves Verín acolleu a presentación da iniciativa “Shape it, move it, be it!”, enmarcada no programa Erasmus + da Unión Europea. Trátase dun evento transfronteirizo de trees días (4, 5 e 6 de maio) entre España e Portugal, que conmemora a Semana Europea da Mocidade 2017, no que participarán 30 mozos e mozas de ambos lados da raia.

No acto estiveron presentes Diego Lourenzo, tenente de alcalde do Concello de Verín; João Neves, concelleiro de Turismo do Municipio de Chaves; Javier Dourado, director xeral do Injuve; Ignacio Soa, director da Axencia Nacional Española; Pedro Reis, subdirector da Axencia Nacional Portuguesa;  Cecilia Vázquez, Directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e Yolanda Otero, subdirectora xeral de Programas para Xuventude. 

Esta iniciativa ten, entre outros obxectivos fundamentais, analizar o impacto positivo que ten o programa Erasmus, así como explorar o concepto de cidadanía europea, dar a coñecer e promover as diferentes vías de participación e ofrecer información sobre recursos e apoio aos mozos.

Te puede interesar