MEJORAS

A Xunta aborda a restauración do retablo da Mercé, en Verín

20170418 ReuniónMadrid
photo_camera El conselleiro de Cultura, Román Rodríguez González, al portavoz del PP de Verín y senador gallego Juan Manuel Jiménez Morán.

El gobierno autonómico envió este martes una carta al Concello para informarle de la medida

A Xunta de Galicia confirmou no día de onte, da man do seu titular de Cultura Román Rodríguez, ao exalcalde de Verín e senador do Partido Popular, Juan Manuel Jiménez, que financiará o proxecto de rehabilitación e recuperación do retablo central da Igrexa da Mercé de Verín, unha iniciativa que xa lle foi comunicada por escrito ao Concello.  Esta decisión contempla, como primeiro paso, a realización dun estudio para avaliar o estado do ben e o alcance das futuras actuacións. 

A igrexa e convento dos Padres Mercedarios constitúen un conxunto de referencia do patrimonio histórico-eclesiástico de Verín. A construción, realizada en parte con pedras procedentes da acrópole de Monterrei, gozou do seu maior desenvolvemento no século XVIII.

Te puede interesar