O ataque ás árbores nas estradas segue por Seixalbo

Lector denuncia. Seixalbo

Quedan moi poucas árbores do que foi un túnel vexetal na Vía da Prata-Camiño de Santiago entre Ourense e Taboadela. Árbores que foron desaparecendo, cortadas polo pé, esgazadas, féridas... ao longo de máis de 10 quilómetros da estrada OU 105. As que quedan a carón da Capela da Santa Agueda, en Seixalbo, arracáronlle unha boa parte das raíces, escazáronas, quitáronlle a terra vexetal, inxustificadamente cortaron unha polo pé, e onde tiñan terra agora botáronlle sabrego, cascallos e formigón a carón dos troncos. Había un muro feito en "pedra seca", derrumbarono e agora hai un paredón de porpiaño. Están con arranxos na OU 105, perto de 800.000 euros de investimento, nin un só euro para protección das árbores existentes ou para prantar algunha nova. Arboricidio sen fin.

Te puede interesar