Na pasada semana, coincidindo coas festas no barrio de O Couto, unha lona impedía o acceso nun paso de peóns. Comprendo que había festas e os feirantes teñen dereito a preparar os seus negocios, pero tamén deben entender que se cortan o paso as persoas que imos en cadeira de rodas non temos sitio, e a veces a vida nos obriga a ter que pasar todos os días por este lugar. E eu, como cidadán, tamén pago impostos. Por favor, tomen nota e para vindeiras ocasións. Teñan en conta este tipo de problemas á hora de conceder unha licencia.