Abanca informa hoxe en Punxín sobre o uso dos caixeiros

Una sucursal del banco gallego Abanca
photo_camera Una sucursal del banco gallego Abanca
Abanca continúa esta semana coa segunda edición do seu plan de formación e capacitación dixital de persoas maiores nas localidades do rural. En concreto, dentro do ámbito provincial, está programada unha sesión en Punxín na xornada de hoxe

A actividade, titulada “Uso de caixeiros de forma segura e fácil”, está estruturada en dúas partes, unha teórica e outra práctica, co fin de ofrecer aos asistentes unha visión completa de como funciona o caixeiro, cales son as operacións máis habituais que se poden realizar nel e mostrarlles o sinxelo que resulta facer esas xestións a través dunha demostración no propio dispositivo. Ademais, facilítanse consellos básicos de seguridade, sobre banca móbil e resólvense todas as dúbidas que se expoñan.
De forma complementaria, todos os participantes reciben un manual sinxelo que recolle toda a información ofrecida durante a sesión para que poidan tela a man e consultala en calquera momento.

Te puede interesar