Os adultos de Boborás poden iniciarse na lingua inglesa

O Concello de Boborás vai poñer en marcha unha iniciativa de aprendizaxe gratuita dirixida a persoas adultas, tanto desempregadas como xubiladas ou en activo, coa fin de achegar o inglés a todas aquelas persoas interesadas en coñecer esta lingua.
O que se pretende con este curso de inglés é que as persoas que non teñan coñecementos, aprendan o vocabulario básico, tales coma os números ou o abecedario, ademais de saber cómo preguntar a hora, a data, unha dirección, ou facer presentacións e saúdos. Tamén apréndense cousas da casa, a xente, oficios, a roupa, alimentación e o tempo.

O inicio das clases está previsto para o luns 14 de novembro, en horario de tarde, e rematará no mes de marzo e, en función do número de persoas apuntadas, farase a distribución polas diferentes parroquias que xa contan con locais sociais.

Te puede interesar