Os afectados pola compostaxe decidirán encol dun recurso

A plataforma cidadá constituida en contra da instalación dunha planta de envasado de compost en Cea convocará unha xuntanza para decidir se presenta un recurso de alzada ante a Xunta.
Os afectados teñen a alternativa de recurrir en alzada, é dicir, ante o propio conselleiro, unha resolución do departamento de Medio Ambiente, pola que se considera innecesaria a realización dun estudio de impacto ambiental do proxecto previsto en terreos da localidade de Fontaíñas. A plataforma xa recurriu a concesión de licencia de obras.

Te puede interesar