O alcalde de Boborás propón unha zona de xogos na N-541

O grupo municipal de goberno de Boborás desexa dotar ós veciños e, en especial, ós rapaces da localidade de Almuzara dunha área recreativa cun pequeno parque de xogos infantís. Para conquerilo, o alcalde, Cipriano Caamaño, entrevistarase co responsable da Demarcación provincial de Estradas, Adolfo Güell, para solicitar a cesión dun tramo da antiga estrada N-541 (Ourense-Pontevedra) ó seu paso polo citado núcleo de poboación, e sen circulación de vehículos na actualidade.
Nembargantes, os dous concelleiros do grupo municipal MOVE (independentes) criticaron esta iniciativa do rexedor 'popular'. Ó respecto, a voceira desta formación na Corporación de Boborás, Eva Pardo, lembrou que no Plan Xeral de Ordenación (PXOM), que entrou en vigor recentemente, 'nese tramo da estrada está prevista a construcción dunha circunvalación de enlace cos terreos onde se ubicará o parque empresarial'.

Pola súa banda, Caamaño asegura que manterá esta proposta de cesión para a zona recreativa, 'por moito que diga a oposición'. Además, anunció que solicitará también a Fomento la antigua 'casa do peón', ubicada en Almuzara, para destinala a actividades e usos veciñais.

Te puede interesar