Considérase necesaria a paralización de plantacións e a eliminación desta especie dos espazos sensibles
O grupo municipal Alternativa Veciñal presentou unha moción na que insta á Corporación a aprobar a declaración do Concello do Carballiño: “Menos eucalipto e máis biodiversidade”, co fin de frear o esgotamento e desertización do solo e a ameaza ecolóxica que a especie exótica do eucalipto supón para os ecosistemas. Nese sentido, pide que o Concello se declare a prol da biodiversidade, do mantemento, conservación e recuperación sostible da flora e a fauna autóctona.
Tamén insta a solicitar do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño e da Consellería de Medio Ambiente a inscrición do eucalipto no Catálogo de Especies Exóticas e Invasoras do Estado español.
Entre tanto, considera necesaria a paralización de plantacións e a eliminación desta especie dos espazos sensibles.