Un alumno embarcará 7 días no buque-escola da Armada

Un alumno do Instituto Número 1 do Carballiño embarcará durante unha semana no 'Juan Sebastian Elcano'. Este centro foi elexido pola Armada Española, xunto con outros 12 de toda Galicia, para formar parte 'desta experiencia única', segúndo a calificaba o director, Manuel Amil. Diego Lorenzo Rodríguez foi seleccionado polo Instituto para embarcar a bordo do buque-escola da Armada Española, participando nas 'Xornadas de Convivencia na Armada' que terán lugar a segunda semana do mes de xullo do presente ano.
A actividade pretende premiar a aqueles alumnos que se teñan destacado polo seu rendemento escolar e que participarán nas conferencias sobre o 'Novo Modelo da Ensinanza Militar'. Os asistentes tomarán parte en actividades organizadas a bordo do Buque-escola. O persoal estará tutelado en todo momento por persoal militar desde a súa recollida ata o seu regreso. O transporte, aloxamento e manutención correrá por conta da Armada.

No que respecta ó outro Instituto do Carballiño, o Chamoso Lamas, tamén celebra a Matrícula de Honra que acadaron Lucía González Rodríguez e Sela Taboada Payo, de segundo de Bacharelato.

Ó mesmo tempo, a Unión Europea ven de conceder para o curso 2013-2014 cinco mobilidades Erasmus para que estudantes do Ciclo Superior de Administración e Finanzas realicen a FCT (prácticas) en países da Unión Europea. 'Foi un dos poucos centros da provincia de Ourense que recibiu ditas mobilidades', sinala o seu director, José Manuel Vázquez.

A dirección tamén apunta que foi solicitado para o Ciclo Medio de Administrativo o Proxecto Leonardo, ó igual que a carta Erasmus para o próximo período que abarca do 2014 ó 2020.

Te puede interesar