Alumnos carballiñeses coñecen as técnicas da dobraxe en galego para cine e televisión

 Dous estudantes practican a doblaxe de debuxos animados.
Os estudantes de terceiro e cuarto de Secundaria do IES nº 1 número un do Carballiño son os primeiros de Galicia en participar no programa ‘Dobraxe e lingua nas aulas’, que tenta achegar ós rapaces obradoiros de uso do galego na traducción de produccións audiovisuais foráneas.
O auditorio do Instituto de Educación Secundaria número un do Carballiño acolleu ó mediodía de onte a presentación do programa didáctico ‘Dobraxe e lingua nas aulas’, promovido pola Consellería de Educación, o Consorcio Galego do Audiovisual e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.

O instituto carballiñés é o primeiro dos seis centros educativos de Galicia incluido neste proxecto, ‘xa que hai seis anos fumos os pioneiros e temos que agradecer a confianza posta en nós polas institucións organizadoras’, sinalou o director do IES, José Antonio Barge Gil.

O coordenador do programa, Miguel Anxo Fernández, destacou que ‘o obxectivo é achegar o audiovisual galego ós estudantes ó traverso dun sector profesional coma é a dobraxe, que nestes intres está en auxe e pode representar unha ventá aberta e de posibilidades de futuro para os estudantes’.

Prácticas

Un grupo de alumnos participou nunha experiencia de dobraxe dunha serie de debuxos animados da Televisión de Galicia, baixo a dirección de Xosé Antonio Rubal, presidente do colectivo de actores especializados. Ignacio Varela, director xerente do Consorcio Audiovisual, destacou que ‘Carballiño e as Xociviga sempre foron un referente do sector audiovisual’.

'A nosa lingua precisa máis apoio'

A secretaria xeral de Política Lingüística, Marisol López, animou ós estudantes carballiñeses 'a coñecer esas voces que escoitades tódolos días na TVG e ás que non lle poñemos cara'. Engadiu que 'iste proxecto educativo está vencellado coa nosa lingua, que e a propia de Galicia e que necesita de moito máis apoio tras atravesar anos e séculos moi difíciles'. Matizou que 'temos dúas linguas oficiais, pero é necesario empregar o galego para mantelo vivo'.
e

Te puede interesar