CULTURA

A asociación Anacos do Lecer do Carballiño comeza a súa andaina na vila

Público en las exposiciones del Arenteiro Fotográfico, organizado por la Asociación O Potiños.
photo_camera Público en las exposiciones del Arenteiro Fotográfico, organizado por la Asociación O Potiños.
O colectivo realizará unha exposición fotográfica grazas á colaboración do colectivo de Mexicanos en Galicia e a Agrupación Fotográfica O Potiños

Un novo colectivo cultural, nado no Carballiño, inicia a súa traxectoria dentro do tecido asociativo da vila. Anacos do Lecer denomínase a nova entidade que ten como obxectivo fundamental establecer vínculos de colaboración co resto de agrupacións da localidade para consolidar o panorama cultural do Carballiño.

A entidade ofrece unha exposición fotográfica

O colectivo, presidido por Ana Isabel Dominguez Gavián, principia a súa andaina coa inauguración dunha exposición fotográfica que leva por título “Unha mirada hacia la muerte - altares, ofrendas y catrinas”, un total de 40 instantáneas que acercan ao público a unha das tradicións mais vistosas e enxebres de México: “El día de los muertos”, as cales son cedidas pola Embaixada de México en España.

Creatividade e técnica fúndense nun traballo do fotógrafo azteca Ricardo Maldonado Garduño, autor dunha extensa e prolífica obra artística. Esta iniciativa é posible gracias á colaboración do colectivo Mexicanos en Galicia e a Agrupación Fotográfica O Potiños, que cedeu o expositor situado na rúa Rosalía de Castro. O público poderá desfrutar dunha viaxe ao México máis profundo e ancestral ata principios do mes de maio.

Por outra banda, Anacos do Lecer ultima a súa proposta de actividades para este primeiro semestre de 2024 no que destaca o comezo do seu Clube de Lectura, o 6 de abril, ás 16,30 horas, na libraría Castro.

Te puede interesar