O BNG de Cea pide un pleno sobre o taller “Vía da Plata”

Os nacionalistas querenabordar o sistema de contratación de persoal do obradoiro de emprego

O grupo municipal do BNG de Cea solicitou un pleno extraordinario para abordar o sistema de contratación de persoal do obradoiro de emprego “Vía da Plata”. Segundo afirma, na valoración dos candidatos a contratar para este obradorio concédense demasiados puntos á entrevista persoal, “sendo este un baremo absolutamente subxectivo e desprezando os méritos curriculares”.

O obradoiro está compartido por os concellos de Piñor, Vilamarín e San Cristovo de Cea e para o portavoz nacionalista, Manuel Pérez, “existe un flagrante déficit de información sobre a forma de tramitación e resolución do mesmo, xa que se resolve directamente pola alcadía e totalmente de costas á corporación municipal”. Por iso, o BNG solicitou a convocatoria dun pleno extraordinario no que se aporte toda a Información sobre o Obradoiro dual de Emprego “Vía da Plata” da Xunta de Galicia

Te puede interesar